Lugo vense de convertir nos últimos tempos no centro da máis calamitosa corrupción, unha "honra" que so compartiríamos con lugares como Coslada, Marbela... é dicir, nun reducido número de metros cadrados asistimos á persecución de estafadores, extorsionadores e delincuentes varios.
Onde radica a curiosidade de todo isto? Pois atopámola no feito de que a maior parte dos imputados pertencen as filas de organismos públicos e civiles tales como a Policia ou o Concello, é dicir os benefactores desta sociedade negan con desprezo as súas funcións e adícanse a salvagardar prostíbulos, reestruturar os fondos públicos; é dicir o que realmente esperariamos deles, converténdose en pezas dunha perversa maquinaria que aínda se atreven a chamar DE-MO-CRA-CIA, si oíron ben, esa mesma baixo a que escudan cando é necesario reprimir a estudantes, traballadores ou a calquera colectivo que exerza unha loita consensuada en pro da mellora dos seus dereitos. Todos eles son parte dun sistema sociopolítico que pon prezo ós nosos deiretos, aumentando deste xeito os seus privilexios, criando un muro de poder que ninguen se atreve a superar por medo, tentando evitar as posibles represalias ó respecto.
Para rematar esta pequena radiografía actual do Lugo de "polis, prostitución e corruptos" informar de que está a piques de aprobarse unha nova ordenanza municipal que rematará por transformar a nosa cidade nun mundo de "lei e orde" dentro do que non se poderá colar un cartaz, non se poderá nin pedir na rúa, como se isto último fóra algo escollido por quen o padece. Dicir ó redor disto último que os colectivos lugueses implicados na consecución dun futuro mellor para Lugo, contruíndo dende a base o poder popular que permita esta nova situación.
Por un Lugo máis limpo!
Basta xa de corrupción!




